martes, 14 de abril de 2009

A UGT homenaxea a Mari Carmen Barba no día da Muller traballadora





Premio 8 marzo de 2009.


A UGT da Coruña homenaxeou, co gallo do Día da Muller traballadora, á compañeira María del Carmen Barba, traballadora de Begano, delegada de UGT dende hai máis de vinte anos, e que representa a unha xeneración de mulleres que deron pasos importantes pola igualdade.
Mari Carmen Barba foi das primeiras mulleres da sús empresa en presentarse as eleccions a representantes dos traballadores, en representar as suas compañeiras sendo membro do comité de empresa pola UGT. Foron moitos os logros que acadou para as mulleres traballadoras da súa empresa, como o cobro da productividade en seccions donde so habia mulleres e donde non se cobraba, a melloras das condicions na maternidade, ou ser a traballadora en activo que mais convenio asinou coa empresa fan da nosa compañeira un valor en si mesma.
Respetada e querida polos compañeiros da empresa e do sindicato, Maricarmen estivo sempre defendendo aos traballadores, labor que ainda continua hoxe o fronte da Sección Sindical de UGT en Begano.
No acto fíxose un recoñecemento ao traballo sindical e ao esforzo desempeñado polas nosas compañeiras en defensa dos dereitos das traballadoras e dos traballadores, ao mesmo tempo que se recordou os retos e reivindicacións en materia de igualdade aínda pendentes de acadar no noso país e que se ven agravadas polos efectos da crise.
Neste senso, tal e como recordou o secretario comarcal de UGT, Xosé Carrillo, 19.000 dos 35.000 parados da bisbarra coruñesa son mulleres, colectivo que segue sufrindo «maior precariedade, peores condicións de traballo, que segue cobrando menos ca os homes e ou que primeiro que vai pagar a crise».
José Carrillo aproveitou para criticar a formulación dun novo abaratamento do despedimento por parte, precisamente, de «quen provocou a crise». Carrillo atribuíu a situación económica actual á «especulación e a inmoralidade de directivos e empresarios que agora reciben a inxección de cartos públicos para seguir comprando barcos e avións a costa dous traballadores» e avogou por un novo modelo social, «fronte a un sistema neoliberal que xa fracasou».
A homenaxe concluíu coa xa tradicional lectura de poemas contando, este ano, coa participación de José Manuel Pose Mesura subdelegado do Goberno.

No hay comentarios: